Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.121

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de xaneiro de 2002 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 17 de xullo de 2000.

Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 17 de xullo de 2000 (DOG nº 147, do 31 de xullo) para o acceso ó corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala supe

rior de finanzas, e celebrado o acto previsto na Orde do 9 de xaneiro de 2002.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo,

DISPÓN:

Nomear funcionarios do corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, os aspirantes que superaron o proceso selectivo polos sistemas de promoción interna e acceso libre e que se relacionan no anexo desta orde, ordenados, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicándolles como destinos provisionais os que figuran no anexo.

Para adquiriren a condición de funcionarios as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

APELIDOS E NOMEDNICÓDIGO POSTODENOMINACIÓNLOCALIDADECARÁCTER

-ESPECIALIDADE: INSPECCIÓN FINANCEIRA E TRIBUTARIA PROMOCIÓN INTERNA
RODRÍGUEZ SIMAL, Mª SOLEDAD35.313.361EFC991000036001060INSPECTOR TRIBUTARIOPONTEVEDRAPROVISIONAL
-ESPECIALIDADE: INTERVENCIÓN ACCESO LIBRE
ROEL ALONSO, Mª DEL SAGRARIO36.073.479EFC030000715770005X. SERVICIO FISCALIZACIÓN E CONTABILIDADESANTIAGO DE COMPOSTELAPROVISIONAL
BENHAMOU GALLEGO, Mª NATHALIE32.790.678EFC030001515770005X. SERVICIO FISCALIZACIÓN E CONTABILIDADESANTIAGO DE COMPOSTELAPROVISIONAL
VILLANUEVA RODRÍGUEZ, ULPIANO LEANDRO33.287.761EFC030001415770005X. SERVICIO FISCALIZACIÓN E CONTABILIDADESANTIAGO DE COMPOSTELAPROVISIONAL
CHACÓN PICHEL, ALMUDENA32.825.511EFC030000115770012X. SERVICIO CONTROL INTERNOSANTIAGO DE COMPOSTELAPROVISIONAL

APELIDOS E NOMEDNICÓDIGO POSTODENOMINACIÓNLOCALIDADECARÁCTER

CORGOS LÓPEZ-PRADO, MIGUEL32.822.280EFC030000515770007X. SERVICIO RELACIÓNS CO CONSELLO DE CONTASSANTIAGO DE COMPOSTELAPROVISIONAL
CALVO OTERO, Mª DEL MAR32.766.578EFC030000215770005X. SERVICIO PLANIFICACIÓN E XESTIÓN CONTABLESANTIAGO DE COMPOSTELAPROVISIONAL
BRAGE DÍAZ, Mª DE LOS ÁNGELES32.662.972EFC030000415770007X. SERVICIO CONTROL FINANCEIRO ENTES PÚBLICOS E ASIMILADOSSANTIAGO DE COMPOSTELAPROVISIONAL
PÉREZ MARTÍNEZ, JOSÉ ANTONIO33.317.910EFC991000032001145INTERVENTOR HABILITADO PARA GASTOSOURENSEPROVISIONAL