Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.122

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir como profesor de ensino secundario na especialidade de francés.

Comunícase que está aberto o prazo para posibles interinidades ou substitucións para impartir:

Especialidade: francés.

Titulación: licenciado en filoloxía francesa.

O prazo para presenta-la instancia solicitude, na consellería ou nas delegacións provinciais, será de 7 días hábiles contados a partir do día seguinte ó deste anuncio no DOG.

O baremo de contratación e o modelo de solicitude atópanse na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais.

A asignación da puntuación que lles corresponde ós concursantes será levada a cabo por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal