Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 28 de xaneiro de 2002 Páx. 1.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2001 sobre revogación do título-licencia de axencia de viaxes a Talismán Viajes, S.A., co código identificativo XG-97 do grupo maiorista e casa central na rúa San Pedro de Mezonzo, 43-1º D de Santiago de Compostela.

Visto o expediente de revogación do título-licencia á axencia de viaxes, Talismán Viajes, S.A., sita na rúa San Pedro de Mezonzo, 43-1º D, de Santiago de Compostela, da que é titular Talismán Viajes, S.A.

Resultando que a Inspección de Turismo adscrita a esta dirección xeral constatou a súa inactividade ó longo de máis dun ano.

Resultando que con data 5 de marzo de 2001 a compañía aseguradora M.N.A. Grupo Catalana de Occidente procedeu a comunicar a este organismo a súa vontade de cancela-la garantía que ten depositada neste organismo.

Resultando que de acordo co establecido no artigo 25.3º e 65.3º da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, e, do artigo 13 do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, notificóuselle á citada axencia, mediante oficio do 24 de outubro de 2001, que a inactividade sen causa xustificada, así como a non reposición da garantía na contía e prazo previsto no artigo 16 do referido decreto son causa de revogación do título-licencia, concedéndoselle un prazo de 15 días para efectua-las alegacións que considere pertinentes.

Resultando que nese prazo o interesado non efectuou alegacións.

Considerando que segundo establecen os referidos artigos 25.3º e 65.3º da Lei 9/1997, do 21 de agosto, e o artigo 13 do devandito Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, constitúen causa de revogación do título-licencia das axencias de viaxes non mante-la actividade da axencia sen causa xustificada, así como a non reposición da garantía na contía e prazo establecido.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta consellería

RESOLVE:

Revoga-lo seu título-licencia á axencia de viaxes Talismán Viajes, S.A., do grupo maiorista, co código identificativo XG-97 e casa central na rúa San Pedro de Mezonzo, 43-1º D, de Santiago de Compostela.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo