Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 28 de xaneiro de 2002 Páx. 1.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 21 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador AC-139/01, do 17 de setembro de 2001, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 12, do 14 de xaneiro de 1999), notifícaselle á sociedade que a seguir se relaciona, o acordo da Delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña, polo que se incoa expediente sancionador en materia de turismo número AC-139/01, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Advírteselle á sociedade titular do establecemento denunciado que, de conformidade co artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, no caso de non efectuar alegacións no prazo de quince (15) días, e tendo en conta que o mencionado acordo contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade que se lle imputa, poderá ser considerado como proposta de resolución.

A Coruña, 21 de decembro de 2001.

Isabel García Vila

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-139/01.

Denunciado: Servicios Hostelería El Manantial, S.L.

Establecemento: restaurante El Manantial.

Enderezo: rúa Puerta de Aires nº 4.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 86 epígrafes 1º, 3º e 5º da Lei 9/1997.