Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 25 de xaneiro de 2002 Páx. 1.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

ANUNCIO.

Aprobados polo órgano municipal competente os proxectos técnicos e os pregos de condicións económico-administrativas, anúnciase o concurso público urxente polo procedemento aberto que rexerá na contratación das obras que no punto 2 se indican, e exponse ó público durante o prazo de vinteseis días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para que poidan presentarse reclamacións, se ben a adxudicación se suspenderá polo tempo que sexa necesario no caso de formularse reclamacións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello do Rosal.

b) Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Saneamento Cumieira de Arriba/Cumieira de Abaixo (orzamento de execución 11.700.000 pesetas/70.318,42 euros).

b) Saneamento Cumieira de Arriba (orzamento de execución 10.000.000 de pesetas/60.101,22 euros).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Os sinalados no punto dous.

5. Garantías.

Definitiva: 4 por 100 do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Rosal.

b) Domicilio: praza do Calvario, nº 1.

c) Localidade: O Rosal.

d) Teléfono: 986 62 50 00.

e) Fax: 986 62 60 34.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do/da contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditar solvencia económica, financeira e técnica.

8. Presentación de ofertas.

En man ou por correo no rexistro do concello, ata as 14 horas e durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación do presente anuncio no DOG.

Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións. Formularanse proposicións económicas por cada unha das obras.

En relación ó sobre B, no suposto de que unha empresa se presente a máis dunha obra, poderá presentar un sobre B único.

Lugar de presentación: Concello do Rosal, praza do Calvario, 1.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día seguinte á apertura de proposicións.

9. Apertura de proposicións.

Realizaraa a mesa de contratación na forma indicada no prego. Se o día coincide en sábado ou festivo, a apertura farase o seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do/da adxudicatario/a.

O Rosal, 19 de decembro de 2001.

O alcalde

Rubricado