Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 25 de xaneiro de 2002 Páx. 1.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

INFORMACIÓN pública.

O Pleno do Concello, en sesión do 8-1-2002, aprobou inicialmente o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento: recualificación de solo no lugar da Perfolla. Durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente que se somete a información pública estará de manifesto na secretaría do concello á disposición dos interesados.

As Pontes de García Rodríguez, 9 de xaneiro de 2002.

Víctor Guerreiro Pena

Alcalde presidente