Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 25 de xaneiro de 2002 Páx. 1.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

Faise público que por decreto desta alcaldía, do 15-1-2002, se aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do polígono 01 da área de reparto 29 do PXOM de Verín, presentado por Construcciones Limia, S.L. e redactado polo arquitecto Gerardo Seoane Fidalgo.

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia e artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro; infórmase de que contra o dito acordo os interesados poderán interpor recurso de reposición ante a alcaldía no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpondo o recurso contencioso-administrativo ante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses, sen que caiba simultanear ámbolos dous recursos. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, se é o caso, caberá interpor recurso contencioso-administrativo.

Os prazos que se sinalaron computaranse a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG.

Poderase interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Verín, 15 de xaneiro de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde