Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 25 de xaneiro de 2002 Páx. 1.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 11 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores OU 263/01 IN e catro máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán a seguir, as propostas de resolución dos correspondentes

expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 23 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2001, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a

partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito as alegacións e os documentos, informacións ou propostas de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos, segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial de Medio Ambiente, de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoos en calquera entidade bancaria.

Ourense, 11 de decembro de 2001.

Montserrat González Pérez

Instructora

Vº e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

OU 263/01 INPerexca, S.A.

CIF: A-32034654

Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense)Abandono de vehículo OR-6507-KArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000 pesetas

(300 euros)

OU 266/01 INAlejandra González

DNI: LE-004734

Pº do Malecón, 31-3º,

O Barco de Valdeorras (Ourense)

Abandono de vehículo LE-1468-FArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000 pesetas

(300 euros)

OU 275/01 INFrancisco Castro Fidalgo

DNI: 34120177

Avda. de Castela, 58

32600 Verín (Ourense)

Abandono de vehículo BI-9254-ACArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000 pesetas

(300 euros)

OU 283/01 INCándido Raúl Fernández Estévez

DNI: 71638356

R/ Aduana, nº 17-3º A,

32600 Verín (Ourense)

Abandono de vehículo OR-3088-HArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000 pesetas

(300 euros)

OU 286/01 INMustafá Pathallah

DNI: X-1226008-Q

Casa Carmen, nº 5,

36141 Vilaboa (Pontevedra)

Abandono de vehículo LU-5485-FArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000 pesetas

(300 euros)