Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 25 de xaneiro de 2002 Páx. 1.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 11 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores de incendios OU 21/01 IN e catro máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícalles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por presunta infracción da Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decem

bro, en relación coa Resolución do 23 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2001, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó desta publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 da Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución adquira firmeza (a firmeza producirase ó no interpoñer recurso no prazo indicado). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 11 de decembro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

OU 21/01 INMaría Lourdes Nóvoa Gómez

DNI: OR-010196

32514 Boborás (Ourense)Abandono de vehículo 2-OR-2520Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000 pesetas

(300 euros)

OU 159/01 INJosé Gil Iglesias

DNI: 35764934

Nogueira,

32229 Padrenda (Ourense)

Abandono de vehículo OR-0194-IArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000 pesetas

(300 euros)

OU 211/01 INJuan Salazar Jiménez

DNI: 34109253

R/ Costanilla do Hospital, nº 2, 01330 Labastida (Álava)Abandono de vehículo C-4981-IArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000 pesetas

(300 euros)

OU 215/01 INJosé Diego Bermúdez Motos

DNI: 77403444

O Outeiro, nº 8,

Os Praceres (Pontevedra)

Abandono de vehículo PO-6181-JArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000 pesetas

(300 euros)

OU 236/01 INAmalia Costich Jorte

DNI: 02254613

R/ Adora nº 9, 11-D,

28041 Madrid

Abandono de vehículo CC-2683-BArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000 pesetas

(300 euros)