Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 25 de xaneiro de 2002 Páx. 1.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 11 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores de incendios OU 324/01 IN e seis máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por presunta infracción da Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notifica

ción, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que, no caso de non resolver este expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, se producirá a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sancións indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta con

sellería, de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se

facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 11 de decembro do 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

OU 324/01 INEmilio Fernández Fernández

DNI: 34909374-C

Alongos, Toén

(Ourense)

Abandono de vehículo OR-1697-HArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000 pesetas

(300 euros)

OU 328/01 INJosé Vázquez Fernández

DNI: 34424178-D

R/ Lepanto, nº 29-2º,

Ourense

Abandono de vehículo OR-2657-EArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000 pesetas

(300 euros)

OU 331/01 INRosa María Ramos Villalba

DNI: 22707203

Amendo, Seixalbo

(Ourense)

Abandono de vehículo OU-3610BArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000 pesetas

(300 euros)

OU 331/01 INRamón Seijas Penas

DNI: 33792007

Vigueira de Arriba, Covas, Montederramo

(Ourense)

Abandono de vehículo OR-5692-FArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000 pesetas

(300 euros)

OU 349/01 INÁngel Nogueira Alas

DNI: 34918955-X

Valencia do Sil, Vilamartín de Valdeorras

(Ourense)

Abandono de vehículo OR-8010-CArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000 pesetas

(300 euros)

OU 351/01 INSociedad Gallega de Carretillas, S.A.

CIF: A-36711612

Coto Grande, nº 1

Cabral (Vigo)

Abandono de vehículo M-6294-KPArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000 pesetas

(300 euros)

OU 354/01 INÁngel Fernández López

DNI: 34384468

Avda. Buenos Aires, nº 72

Ourense

Abandono de vehículo PO-80786Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000 pesetas

(300 euros)