Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 25 de xaneiro de 2002 Páx. 1.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de demasías número 1218.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que, en aplicación do disposto no artigo 57.1º a) do vixente Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25-8-1978, se somete a información pública a petición das demasías producidas na concesión de explotación María Lolita nº 1218, situada no termo municipal do Porriño, solicitadas por Enrique Pereira Sánchez.

O que se fai público para efectos de que no prazo de dez días a partir desta publicación, os titulares das concesións mineiras estremeiras con María Lolita nº 1218, manifesten as súas pretensións sobre aquelas demasías sobre as que crean ter dereitos.

Pontevedra, 17 de decembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra