Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Sucesores de M. Leira, S.L.
Domicilio social: Cardeita, 30, Cabanas.
Denominación: L.M.T.S. e C.T. de 100 kVA.
Situación: Cabanas.
Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 655 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 150 mm Al, que parte do apoio anterior ó C.T. Pereiro, de Laraxe e final no C.T. prefabricado para 1.000 kVA, a instalar no polígono I de Vilar do Colo a 15/20 kV.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do
día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 11 de decembro de 2001.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións