Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 25 de xaneiro de 2002 Páx. 1.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación a L.M.T. a 20 kV. Derivación a C.T. de subestación de Viesgo en Boimente, concello de Viveiro. (Expediente 022/2001 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de BEGASA, con domicilio para os efectos de notificación na rúa Cidade de Viveiro 4, Lugo, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos II e V do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ó trámite de información pública non se presentou ningunha alegación.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que ó seu paso polos predios relacionados na información pública non se dá ningunha limitación sobre os predios en expropiación, ás que

se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 57 da Lei 54/1997.

Competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencia atribuída polos decretos 2617/1966 e 2619/1966.

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a BEGASA o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. a C.T. de Ramos e remate no C.T. da subestación eléctrica de Viesgo en Boimente, de 679 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56.

Segundo.-Declara-la utilidade pública a instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, da necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo II do citado Real decreto 1955/2000, e visto o contido do informe técnico con data do 14 de novembro de 2001.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios en relación coas instalacións autorizadas.

Cuarto.-En cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comenzo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no xornal El Progreso do 29 de novembro de 2001, Diario Oficial de Galicia do 30 de novembro de 2001 e no BOP de Lugo do 30 de novembro de 2001, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello de Viveiro. Ata o momento do levantamento das actas proderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posi

bles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Lugo, 11 de xaneiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo