Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 24 de xaneiro de 2002 Páx. 964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ

ANUNCIO.

De conformidade co previsto no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, rematado o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello, no que se contén a estratexia, as directrices e os obxectivos xerais do plan, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que coiden oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes.

Rioseco-Paderne, 15 de xaneiro de 2002.

Luis Carlos Seara Nieto

Alcalde