Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 24 de xaneiro de 2002 Páx. 964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria que tivo lugar o día 27-12-2001, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na rúa Ourense, esquina rúa Tui, solicitado por Margarita I. Mosteirín Castañer, en representación de Castañer y Castañer, S.L.

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 7 de xaneiro de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área