Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 24 de xaneiro de 2002 Páx. 963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno en sesión do 19 de decembro de 2001, aprobouse inicialmente o prego de condicións técnicas e económico-administrativas, así como a forma de adxudicación mediante concurso, para a subministración dos materiais necesarios para a realización das obras de pavimentación e dotación de servicios na rampla de Claudio López. Para tal efecto publícase o seguinte anuncio consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a subministración de todos aqueles materiais necesarios coa excepción da saburra artificial, área silícea, xabre de préstamo, xabre e grava 40/70 para a realización das obras de pavimentación e dotación de servicios na rampla de Claudio López.

b) Prazo de entrega: o prazo máximo de entrega dos materias será de 48 horas, desde o momento en que sexan solicitados pola dirección das obras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación. O prezo máximo do contrato fíxase en 15.410.140 pesetas (92.616,81 euros).

5. Garantías.

Provisional: 308.203 pesetas (1.852,34 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197, 3ª planta.

c) Localidade e C.P.: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197, planta baixa.

3ª Localidade e C.P.: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 2 de xaneiro de 2002.

P.D.

José Antonio Mourelle Cillero

Letrado consistorial

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999, do 9 de xullo)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área