Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 24 de xaneiro de 2002 Páx. 964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2002 referente á convocatoria de oposición libre para prover un posto de técnico de Administración urbanística.

O alcalde, mediante Decreto do día 4-12-2001, aprobou o sistema de selección, bases e convocatoria para a provisión con carácter definitivo do seguinte posto de traballo vacante (oferta de emprego para 2000):

Persoal funcionario.

Posto: un da escala de Administración xeral, subescala técnica. Clase técnico superior. Denominación: técnico de Administración urbanística.

Publicación íntegra bases e convocatoria: BOP de Ourense nº 294, do día 26 de decembro de 2001.

Prazo de presentación de instancias: vinte días naturais seguintes ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Sistema de selección: oposición libre.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Verín, 7 de xaneiro de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde