Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 23 de xaneiro de 2002 Páx. 916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA VEIGA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Veiga.

2. Obxecto do contrato: proxecto de reparación de danos causados polo temporal no concello da Veiga. Ano 2000.

3. Tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 80.979,61 euros.

5. Garantías. Provisional: 1.619,59 euros; definitiva: 3.239,18 euros.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello da Veiga; domicilio: Praza do Concello, 1, 32360 A Veiga; teléfono: 988 35 00 00; fax: 988 35 00 60.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das proposicións:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais, contados a partir do primeiro día seguinte ó da publicación da convocatoria no BOP. Se o último día de prazo coincidise en festivo, o prazo ampliarase ata o seguinte día natural non festivo. Non se admitirán proposicións que cheguen por correo fóra do prazo sinalado para a presentación das proposicións.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas particulares que rexe as contratacións e conforme o modelo que no devandito prego se establece.

c) Lugar de presentación: Secretaría.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello da Veiga.

b) Data: ás doce horas do segundo día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación das proposicións. Non se considerarán hábiles, para estes efectos, os sábados.

A Veiga, 14 de xaneiro de 2002.

Vicente García Carrasco

Alcalde