Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 23 de xaneiro de 2002 Páx. 915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIOTORTO

ANUNCIO.

De conformidade co acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión do 28 de novembro, e co disposto nos artigos 78 e 159 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, anúnciase o concurso para a adxudicación do servicio de cafetería do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Riotorto.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: é obxecto deste concurso a concesión da explotación do servicio de cafetería do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade.

b) Lugar de execución: o servicio prestarase nas dependencias e lugares sinalados no prego de condicións técnicas.

c) Prazo de execución: a duración da concesión será por cinco anos contados a partir da data de formalización do contrato, e poderase prorrogar por outros cinco máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a tramitación será ordinaria, polo procedemento aberto e forma de concurso.

4. Canon: establécese a cantidade de 1.562 euros anuais máis o IVE correspondente.

5. Garantías: non se esixe garantía provisional; a definitiva será do 4% do importe da adxudicación.

6. Documentación: a documentación e a información facilitarase ata o día anterior ó da data de finalización do prazo de presentación das ofertas, nas oficinas municipais, sitas na praza das Rodrigas nº 1, 27744 Riotorto. Tfno.: 982 34 62 22 e 982 34 64 18. Fax: 988 34 60 33.

7. Clasificación do contratista: non se esixe.

8. Presentación de ofertas: presentaranse na secretaría municipal durante o prazo de vinteseis días naturais, das 10 ás 14 horas, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

9. Proposicións e documentación complementaria: a esixida na cláusula 7 do prego de condicións administrativas.

10. Apertura de plicas: terá lugar ás doce horas do seguinte día hábil ó de terminación do prazo de presentación de proposicións; se este fose sábado realizarase o seguinte día hábil.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación:

-Experiencia profesional, ata un máximo de 35 puntos.

-Prestacións complementarias que poidan constituír mellora na prestación do servicio, ata un máximo de 25 puntos.

-Canon anual que hai que satisfacer, ata un máximo de 15 puntos.

-Mobiliario, vaixela e outro material que se vai instalar, ata un máximo de 10 puntos.

-Abaratamento de prezos, ata 10 puntos.

12. Gastos: o contratista queda obrigado ó pagamento do importe dos anuncios e de cantos outros gastos se ocasionen, de conformidade co establecido nos pregos de cláusulas administrativas.

Riotorto, 16 de xaneiro de 2002.

José López Cabodevila

Alcalde