Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 23 de xaneiro de 2002 Páx. 916

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2002 sobre nomeamento de secretarios de xulgados en réxime de provisión temporal.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe, dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data do 21 de decembro de 2001. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/rf. Secretario de provisión temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza. A Coruña. Confírmase o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 13 de decembro de 2001, polo cal se nomean secretarios en réxime de provisión temporal. Esta xerencia territorial, no uso das atribucións que lle confire a O.M. do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28 de xuño), e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais:

Provincia da Coruña

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, Mercedes Rodríguez Fraga.

Provincia de Pontevedra

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Marín, Benita María Gándara Valije.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. Manuel Olmo Peláez. Xerente territorial. Rubricado. Hai un carimbo da Xerencia Territorial».

Así mesmo, faise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola Sala de Goberno, do 13 de decembro de 2001, cabe interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes a partir da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia; pregándolle envíe a esta presidencia un exemplar no que se realice aquela, para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2002.

Jesús Souto Prieto

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia