Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 23 de xaneiro de 2002 Páx. 913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARREIROS

ANUNCIO.

Visto o escrito presentado o 17 de outubro de 2001, con rexistro de entrada número 3032, e subscrito por Manuel Vázquez Varela e Fernando Corbacho García, ambos de Lugo, con DNI 33669991-S e 33740432-F, respectivamente, en representación de Complejo Moas, S.L., domiciliada en Lugo, avenida de Ramón Ferreiro, 19, 2º, e con CIF B-27156504, no que expoñen que o Pleno do Concello de Barrei

ros, en sesión que tivo lugar o 25 de maio de 2001 aprobou definitivamente o Plan parcial promovido pola referida entidade referido a terreos da súa propiedade sitos en Lóngara, San Pedro de Benquerencia, e que, no seu punto 8.2.1. prevía que o sistema de actuación polo que se desenvolve o dito instrumento será o de compensación; para a tal efecto, procederon a redacta-lo correspondente proxecto de compensación para a execución e equidistribución dos terreos incluídos no ámbito do Plan parcial referido, que acompañan solicitando se proceda á súa aprobación definitiva ó amparo do establecido no artigo 133.8º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Visto que no expediente constan os correspondentes informes técnico e xurídico, ambos en sentido favorable.

Tendo en conta o disposto nos artigos 133 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e artigos 157 e seguintes do Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de xestión urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana.

Tendo en conta as atribucións que me outorga o artigo 21.1º, letra j), da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de compensación presentado por Complejo Moas, S.L., sen introducir modificación ningunha naquel; aceptando a transmisión correspondente de tódolos terreos de cesión obrigatoria, en pleno dominio e libre de cargas que, por ministerio da lei, ten lugar coa aprobación definitiva do proxecto de compensación, incorporando ó patrimonio municipal do solo, para afectalo ós usos previstos no planeamento e normativa de aplicación, os terreos que, por ser de cesión obrigatoria e gratuíta, quedan cedidos de dereito ó concello conforme o disposto no artigo 179 do Regulamento de xestión urbanística.

Segundo.-Requirir á entidade promovente, Complejo Moas, S.L., para que, pola súa conta, proceda á formalización do proxecto de compensación aprobado, mediante a elevación deste a escritura pública, instando á realización da inscrición correspondente no Rexistro da Propiedade competente.

Terceiro.-Publicar no BOP e no Diario Oficial de Galicia o presente acordo de aprobación definitiva e notificarlles ós interesados o contido íntegro deste.

Cuarto.-Significar que, contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución. Non obstante, con carácter previo e potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que dic

tou esta resolución, no prazo dun mes, contado igualmente desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Barreiros, 27 de novembro de 2001.

O alcalde

Rubricado