Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 23 de xaneiro de 2002 Páx. 913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 6 de novembro de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de reparcelación da UA 6-As Viñas, promovido por Promociones Naya Liñares Ramón, S.L. e outros (expediente 65/2001 REP), o cal queda sometido a información pública polo prazo de vinte días (20), contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido, comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Ó mesmo tempo, e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, que se ignore o lugar de notificación dalgún ou, intentada esta, non se puidese practicar, sirva este de notificación coa finalidade e alcance que se recollen no punto 4º do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 3 de xaneiro de 2002.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde