Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 23 de xaneiro de 2002 Páx. 913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO.

Aprobada na sesión plenaria do 22 de novembro de 2002, con carácter inicial a modificación puntual do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ares, consistente na modificación do artigo 62 da normativa e ampliación do solo rústico apto para urbanizar no contorno do núcleo de Redes, ó abeiro do artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do

solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, faise público que ó abeiro do artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, tódolas áreas afectadas pola dita modificación puntual, quedan afectadas pola suspensión de licencias a que se refiere o artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ares, 7 de decembro de 2001.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde