Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 23 de xaneiro de 2002 Páx. 913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO sobre aprobación definitiva do Plan parcial en S.R.A. ó oeste de redes de iniciativa particular promovido por Fadesa.

Aprobado na sesión plenaria do día 22 de novembro de 2001 con carácter definitivo o Plan parcial predio na S.R.A. ó oeste de redes de iniciativa particular promovido por Fadesa, logo de informe preceptivo e vinculante emitido en sentido favorable pola Dirección Xeral de Urbanismo do 10 de xullo de 2001, de conformidade co disposto no artigo 48, parágrafo 2 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise pública a dita aprobación.

Contra o presente acordo poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da presente publicación (artigo 46 da Lei 29/1988) do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa) perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol ou diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia -sala do contencioso-administrativo (segundo a distribución competencial establecida polos artigos 8 e 10 Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa), advertíndolle que tamén poderá utilizar calquera outro recurso que estime pertinente e exerce-las accións que procedan perante a xurisdicción competente.

Ares, 27 de novembro de 2001.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde-presidente