Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 23 de xaneiro de 2002 Páx. 912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de decembro de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncian contratacións, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente. (Expediente C.P. 1/2002).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, convoca o seguinte concurso:

-Expediente 1/2002:

1. Obxecto: transporte de paquetería e menxasería.

2. Orzamento: 138.000 euros (22.961.268 pesetas), IVE incluído.

3. Prazo de execución: desde a data de formalización do contrato.

4. Admisión de variantes: admitirase como máximo unha variante.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente

7. Clasificación: grupo III, subgrupo 9, categoría A.

8. Solvencia económica e financeira:

9. Solvencia técnica:

10. Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións (punto 6.2 ).

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódense solicitar na Sección de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22 - 36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: 986 81 59 37, fax: 986 81 60 65, ou a través da páxina web do Sergas: www.sergas.es.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, económica e referencias técnicas descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro

día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 24 de decembro de 2001.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo