Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 23 de xaneiro de 2002 Páx. 899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de decembro de 2001, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00013-S-2001 e oito máis).

Por medio desta cédula, notifícanselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

No caso de conformidade con esas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 2091/0500/14/3110000079 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, citada anteriormente expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 11 de decembro de 2001.

María Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00013-S-2001

PO-8868-AG

Policía municipal

José Jiménez Romero

Calzada, 21

36700 Tui (Pontevedra)

Realizar un transporte de mercadorías, roupa, cerecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado.

8-1-2001; 8.20.34

Art. 103 Lei 16/1987

Art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.

150,25 euros

PO-00081-O-2001

PO-5506-BB

G.C. Tráfico

Jesús Manuel López Gómez

Juan Bautista Andrade, 115-1ºD

36005 Pontevedra

Circular transportando conxelados carecendo de autorización. Servicio privado complementario.

12-1-2001; 12.15; N-550; 131

Art. 103 Lei 16/1987

Art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.

150,25 euros

PO-00203-O-2001

C-1541-BZ

G.C. Tráfico

Granja Marina de Barbanza, S.L.

Lugar de Serans Playa, s/n

15970 Porto do Son (A Coruña)

Circular desde a Coruña a Ribeira transportando un contedor e varias caixas plásticas para peixe carecendo de tódolos distintivos. Servicio privado complementario.

19-1-2001; 11.55; A-9; 94

P.M. 25 outubro

de 1990 (BOE do 30)

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

15.000 ptas.

90,15 euros

PO-00218-O-2001

M-6137-LS

G.C. Tráfico

Topaes, S.L.

Jofre de Tenorio, 4

36002 Pontevedra

Circular entre Pontevedra e Cambados realizando transporte privado complementario de mercadorías transportando listóns de madeira, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado complementario.

26-1-2001; 10; N-550; 116,300

Art. 103 Lei 16/1987

Art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.

150,25 euros

PO-00604-O-2001

OU-3985-N

G.C. Tráfico

Pulidos Orense, S.L.

Rampa de Sasa, 2

Ourense

Circular transportando 4 persoas, traballadores de empresa Pulidos Orense, S.L., así como diverso material (cravos e instrumentos para o pulido do chan), carecendo de tarxeta de transportes. Carece de distintivos. Servicio privado.

19-2-2001; 8.50; N-525; 310

Art. 103 Lei 16/1987

Art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.

150,25 euros

PO-00616-O-2001

SO-9538-D

Policía municipal

Papa MBOUP

César Boente, 6-1

36002 Pontevedra

Realizar un transporte de mercadorías, roupa, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado

8-1-2001; 8.20.51

Art. 103 Lei 16/1987

Art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.

150,25 euros

PO-00917-O-2001

PO-1085-BF

G.C. Tráfico

Exclusivas Alameda, S.L.

Avda. dr. Ballina, 47 baixo

36002 Pontevedra

Circular transportando bidón de productos de limpeza, carecendo de tódolos distintivos. Servicio privado.

16-3-2001; 17.55; N-525; 302

O.M. 25 outubro

de 1990 (BOE de 30)

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

15.000 ptas.

90,15 euros

PO-03181-O-2000

PO-1073-AN

G.C. Tráfico

VT Carpintería de Aluminio, S.L.

Puxeiros-Tameiga, s/n

Mos (Pontevedra)

Realizar un transporte propio da empresa (cristais), carecendo de tarxeta de transportes. Non presenta ningún distintivo.

2-12-2000; 13.15; N-120; 648,800

Art. 103 Lei 16/1987

Art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.

150,25 euros

PO-03224-O-2000

PO-4811-AZ

G.C. Tráfico

Exclusivas Joyma, S.L.

Camoeiras-Pereiras, 68

36419 Mos (Pontevedra)

Circular transportando material de reloxería en paquetes carecendo de autorización de transportes. Servicio privado complementario.

22-12-2001; 19.40; PO-1009; 16

Art. 103 Lei 16/1987

Art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.

150,25 euros