Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 23 de xaneiro de 2002 Páx. 900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 16 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN617A 97/16-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa de instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Sogama.

Domicilio social: Morzós, 10 baixo, As Encrobas-Cerceda.

Denominación: planta coxeneración de biogás.

Situación: Cerceda (A Coruña).

Características técnicas:

Planta de coxeneración eléctrica constituída por tres motores alimentados por biogás cunha potencia de 756 kWe cada un, e tres alternadores cunha potencia de 1.010 KVA e factor de potencia 0,8 cada un. Centro de transformación de 3.750 kVA e tensións de 0,400/15-20 kV. Aparellos de protección, mando, sinalización e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña