Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 23 de xaneiro de 2002 Páx. 899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2001, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o de impacto ambiental da vía de conexión da autoestrada Santiago-Ourense coas estradas N-640 e a C-533 en Lalín. (Clave PO/99.76.0).

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, de data do 19 de decembro de 2001, o estudio informativo da vía de conexión da autoestrada Santiago-Ourense coas estradas N-640 e a C-533 en Lalín. Clave: PO/99.76.0, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para o fin de que as personas que o estimen oportuno, poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra e no Concello de Lalín.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental contido no estudio informativo durante o período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, e na Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental; estando a exposición ó público para este efecto no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, na Dirección Xeral de Obras Públicas, na Delegación Provincial

da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra e no Concello de Lalín.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2001.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas