Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 22 de xaneiro de 2002 Páx. 875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato: a prestación do servicio de prevención de riscos laborais do Concello de Vilagarcía de Arousa, conforme as condicións técnicas do anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

2. Prazo do contrato: un ano.

3. Prezo do contrato: prezo de partida: 10.000 pesetas (60,10 A) por traballador e ano.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional para participar no concurso será de 100.000 pesetas.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do prezo da adxudicación, que resulte estimado para un ano.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (secretaría xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula IX.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula IX do prego.

Vilagarcía de Arousa, 18 de decembro de 2001.

Joaquín J. Gago López

Alcalde