Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 22 de xaneiro de 2002 Páx. 875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de urbanización da U.E. V-F do PERI IV-05 travesa de Vigo (expediente 4294/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión do día 20 de decembro de 2001, acordou:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da U.E. V-F do PERI Aragón-travesa de Vigo, presentado pola entidade Gestiones Urbanísticas y de Negocios, S.L., que desenvolve o estudio de detalle aprobado definitivamente polo Concello Pleno con data do 25 de xaneiro de 2001 (expediente 4294/401).

Segundo.-Somete-lo acordo de aprobación inicial ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia e notificación individual ós propietarios dos terreos afectados.

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata ó remate do mes, contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación. O expediente está á disposición do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados.

Vigo, 10 de xaneiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo