Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 22 de xaneiro de 2002 Páx. 875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da exposición pública do proxecto de compensación do polígono I PERI II-12 A Florida B (expediente 4245/401).

Sométese ó trámite de información pública o proxecto de compensación do polígono I PERI II-12 A Florida B, presentado por Santiago Castro Paz como presidente do consello rector da xunta de compensación deste polígono, polo prazo de vinte días, mediante inserción de anuncio no DOG segundo o establecido no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Significando que o prazo de exposición pública entenderase aberto desde a data de publicación do devandito anuncio.

A documentación atópase na oficina de Información Pública da Xerencia Municipal de Urbanismo sita na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 12 de decembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo