Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 22 de xaneiro de 2002 Páx. 875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

RELACIÓN número 1/2002 de plans provinciais.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en pro

cedemento aberto e trámite ordinario. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Nº e plan/denominación/concello/prazo execución/clasif./orzamento.

100 adic.POL/S/n Fiscal a N-120/N. de Ramuín/6 meses/A.2.d; G.6.c/35.000.000 de ptas. (210.354,24 euros).

101 adic.POL/CV 667 Ribadavia-Arnoia/Ribadavia/6 meses/G.6.c/20.000.000 de ptas. (120.202,42 euros).

Ourense, 12 de xaneiro de 2002.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense