Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 21 de xaneiro de 2002 Páx. 790

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, complementaria da do 14 de novembro, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2002, correspondentes ós concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como consecuencia da modificación das festas laborais de carácter local levada a cabo polo Concello de Lourenzá (Lugo) e realizada, por petición do concello, a oportuna rectificación pola Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Lugo, cómpre face-la correspondente rectificación na antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 229, do 27 de novembro de 2001, así:

-No anexo II provincia de Lugo, na páxina 15.137, onde di: «27. Lourenzá: 12 de febreiro, martes de Entroido; 26 de agosto, luns do Conde Santo», debe dicir: «27. Lourenzá: 12 de febreiro, martes de Entroido; 2 de setembro, luns do Conde Santo».

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA