Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 21 de xaneiro de 2002 Páx. 790

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de xaneiro de 2002 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E) dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000.

Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000 (DOG nº 115, do 14 de xuño), para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia mediante a Orde do 5 de outubro de 2001 (DOG nº 200, do 16 de outubro), pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron este. Verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria e realizado o acto previsto na Orde do 11 de decembro de 2001.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo,

DISPÓN:

Nomear funcionarios do corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta orde, ordenados, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicándolles, como destinos provisionais, os que figuran no anexo.

Para aquiriren a condición de funcionarios, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública