Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Sábado, 19 de xaneiro de 2002 Páx. 764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de aprobación definitiva dos estatutos e das bases de actuación das unidades de actuación B e C do Plan parcial do sector residencial de alta densidade en contacto coas Brañas.

Con data do 10 de decembro de 2001, a Alcaldía-Presidencia dictou a seguinte resolución:

«Por decreto da Alcaldía do 2 de outubro de 2001, aprobáronse inicialmente os estatutos e bases de actuación das unidades de actuación B e C do Plan parcial do sector residencial de alta densidade en contacto coas Brañas. Dando cumprimento ó disposto no artigo 133.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, procedeuse á apertura dun período de información pública, logo de publicación dos correspondentes anuncios no BOP do 19 de outubro de 2001 e no Diario Oficial de Galicia do 25 de outubro de 2001, así como con notificación individualizada ós interesados, sen que se formularan alegacións.

De conformidade coas competencias conferidas polo artigo 21.1.j) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, esta alcaldía

RESOLVE:

Primeiro.-Aprobar definitivamente e sen modificacións os estatutos e as bases de actuación das unidades de actuación B e C do Plan parcial do sector residencial de alta densidade en contacto coas Brañas, téndose publicado o texto íntegro no BOP do 19 de outubro de 2001.

Segundo.-Ordena-la citación personal no expediente ós que aparezan como interesados en calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertíndoos de que poderán solicita-la incorporación á xunta de compensación no prazo dun mes, contado a partir da presente notificación, mediante escrito presentado ante a propia comisión xestora ou ante este concello, coa advertencia legal de que, no suposto de non incorporarse á xunta de compensación, os terreos correspondentes poderán ser obxecto de expropiación ou ocupación directa, ó abeiro do disposto no artigo 134 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e no artigo 162.5º do Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de xestión urbanística.

Terceiro.-Publica-los correspondentes anuncios no BOP e no Diario Oficial de Galicia, así como notificar individualizadamente ós interesados no expediente a presente resolución, producindo as publicacións os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para aqueles supostos de interesados ós que non se lles poida practica-la notificación individualizadamente.

Cuarto.-Advertir á comisión xestora de que, unha vez vencido o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esta administración, deberá proceder á constitución da xunta de compensación con citación dos propietarios que solicitaran a súa incorporación, para o que dispón dun prazo máximo de tres meses, contados desde a declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representante municipal no órgano rector da xunta, a Ramón Rodríguez Ares, e en substitución del, a José Emilio Gómez López.

Sexto.-Requiri-la comisión xestora e, no seu nome, a Juan Jesús Brandariz Vázquez, como secretario dela, para que ingrese na caixa municipal, en concepto de taxa por tramitación do expediente, a cantidade de 50.000 pesetas, advertíndoo de que sen a xustificación do ingreso desta cantidade non terá eficacia a aprobación definitiva dos devanditos estatutos e bases de actuación.

Os gastos de publicación dos anuncios correspondentes ó presente expediente serán por conta da entidade promotora.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación, perante a Alcaldía-Presidencia do Concello de Sada, ou ben poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación.

No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interporse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto.

En tal caso, o prazo para interpo-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición, ou a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado.

No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición -polo transcurso do prazo máximo dun mes desde a súa interposición sen que se resolvera nin notificara o prazo para interpor recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Non obstante, poderá interporse calquera outro que se estime pertinente.

Sada, 17 de decembro de 2001.

O alcalde

Rubricado