Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Sábado, 19 de xaneiro de 2002 Páx. 763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da corrección de erro na documentación gráfica do PXOU, definindo a amplitude da vía prolongación da rúa Faustino Santalices, previa á aprobación definitiva pola comisión de goberno do proxecto de urbanización.

O Pleno da Corporación, en sesión do vintesete de outubro de dous mil un, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Recoñecer, de conformidade co disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción conferida pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a existencia dun erro na documentación de carácter gráfica do Plan Xeral de Ordenación Urbana, no que se refire á amplitude viaria da rúa Faustino

Santalices, por corresponderlle efectivamente o debuxado de 10 metros sobre as edificacións existentes.

Segundo.-Comunica-lo presente acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia e publicalo no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Propoñerlle á Comisión de Goberno, por delegación da alcaldía, a aprobación definitiva do proxecto de urbanización da prolongación da rúa Faustino Santalices, promovido por Promociones Inmobiliarias Amco, S.L. e redactado polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti, composto do documento visado pola delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en data 7-3-2001 e un anexo á memoria e novo plano nº 3, que reforman e anulan os correlativos daquel, e que se efectúen as comunicacións e publicacións preceptivas nos termos da lexislación sobre réxime do solo e ordenación urbana».

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte o establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados desde o día seguinte ó daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedente consonte a dereito.

Pontevedra, 27 de novembro de 2001.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente-alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente