Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2002 Páx. 736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) na travesa da Estrada.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 6 de novembro de 2001, aprobou definitivamente a modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) na travesa da Estrada, en execución da sentencia 758/1992 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 291, o día 21 de decembro de 2001, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo