Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2002 Páx. 736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

O Concello de Sarria, de conformidade co acordado pola Comisión de Goberno na sesión que tivo lugar o 4 de decembro de 2001, convoca a seguinte licitación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Sarria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: as obras correspondentes ó proxecto técnico de reurbanización da r/ Pedro Saco.

b) Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 30.000.000 de pesetas (180.303,63 euros).

Nos prezos inclúese o IVE correspondente.

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Clasificación do contratista.

Será esixible a clasificación do contratista no grupo G, subgrupo 6 e categoría d).

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Sarria.

b) Domicilio: rúa Maior, 14.

c) Localidade e código postal: 27600 Sarria.

d) Teléfono: 982 53 50 00.

e) Fax: 982 53 09 16.

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de proposicións: trece (13) días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia.

c) Documentación que integrará as ofertas: a especificada nos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares.

d) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Sarria; rúa Maior, 14; 27600 Sarria.

10. Apertura das ofertas: o terceiro día hábil seguinte ó da realización do acto de cualificación da documentación, que terá lugar pola súa vez o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións (agás que coincidise en sábado), ás trece horas, na casa do concello; rúa Maior, 14.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Sarria, 12 de decembro de 2001.

O alcalde

Rubricado