Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2002 Páx. 735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión extraordinaria en substitución da ordinaria do día 5 de decembro do ano 2001 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación da zona 2 do SU-2 do PXOU de Ourense por instancia de Fernando Copa Martínez, en representación da xunta de compensación do dito ámbito de xestión urbanística, debendo procederse ó visado de toda a documentación que consta no proxecto, sen o cal non se procederá á súa aprobación definitiva.

2. Someter a información pública o dito proxecto, polo prazo de vinte días, anunciando este no BOP, no DOG e nun dos xornais de maior circulación na provincia, con citación persoal ós propietarios afectados polo proxecto de compensación, para o seu exame e presentación das alegacións que procedan.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 27 de decembro de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde