Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2002 Páx. 735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 8 de xaneiro de 2001, acordouse aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do parque empresarial da Rega-Cuíña, no municipio de Ortigueira, redactado polo arquitecto Jacobo Rodríguez Losada Allende e promovido

pola entidade Xestión Urbanística da Coruña (Xestur-A Coruña).

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra o devandito acordo, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer un dos seguintes recursos: a) Recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio. b) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Non obstante interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución. Todo isto sen prexuízo de que poida exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Ortigueira, 9 de xaneiro de 2002.

Antonio Campo Fernández

Alcalde