Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2002 Páx. 735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión realizada o 29 de novembro do 2001, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da unidade de execución nº 5 (UE-5) na rúa Castelao e rúa Barqueiras, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de Manuel Outón Limeres, en representación de Outón y Fernández, S.L.

Este acordo faise público significando que, contra este, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deberáselle comunicar previamente a esta Administración municipal o propósito de interpo-lo recurso contencioso-administrativo.

O Grove, 12 de decembro de 2001.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde