Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2002 Páx. 639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do estudio de detalle na rúa Pedro Alvarado-Dr. Corbal (expediente 7349/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 20 de decembro de 2001, adoptou entre outros o acordo de aprobar inicialmente o estudio de detalle na rúa Doutor Corbal e Pedro Alvarado, promovido pola entidade mercantil Inversiones Río Mao, S.L., redactado polo arquitecto José Javier Abe

leiras Rey, visado polo COAG con data do 26 de novembro de 2001, coas dúas seguintes precisións:

-Tanto o dereito de uso público de superficie da praza de uso público e os seus accesos, como o pleno dominio do terreo afectado pola completa execución da rúa Pedro Alvarado, deberán ser cedidos ó Concello de Vigo con ocasión da licencia de obras que se obteña para a execución deste estudio de detalle.

-De conformidade co preceptuado no punto 3.2.3.5.b) in fine das normas urbanísticas do vixente PXOU de Vigo e o acordo da Comisión Municipal de Goberno do 7 de febreiro de 1991, sobre condicións de carácter xeral en cesións de uso de superficie, o propietario ou propietarios do inmoble deberán asumi-lo mantemento dos espacios libres de uso público en superficie.

Sométese este expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, a través de publicación no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º; signifícase que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o último anuncio.

A documentación deste expediente atópase ó dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

Este anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultar descoñecido ou ignorado o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 7 de xaneiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo