Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2002 Páx. 639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle U.A. Agencia (expediente 6203/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 29 de outubro de 2001, acordou aprobar definitivamente o expediente do estudio de detalle da U.A. Agencia, entre as rúas Luis Taboada e Pablo Morillo, promovido pola entidade mercantil Álvarez Argüelles, S.L., e redactado polo arquitecto Xosé A. Comesaña García, visado polo COAG o 28-7-2000.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un dos seguintes recursos:

A. Recurso potestativo de reposición, ante o Pleno do Concello de Vigo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio.

B. Recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, interposto o recurso de reposición non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

Vigo, 14 de novembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo