O Pleno do Concello, en sesión do 27 de setembro de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle das parcelas de uso terciario (C-01, C-02, C-03) do polígono A do solo urbanizable non programado número 6 (SUNP-6) en San Lázaro, promovido por Promociones Oroso, S.L.
De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP número 277, do día 3 de decembro de 2001, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.
Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello, no prazo dun mes contado desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2001.
Luís Toxo Ramallo
Concelleiro delegado de Urbanismo