Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2002 Páx. 638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2002 pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación dos servicios que se indican.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº dos expedientes: 306/2001 e 309/2001.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: expediente 306/2001: servicio de mantemento e conservación das zonas verdes do Campus de Ourense. Expediente 309/2001: servicio de vixilancia do Rectorado e do Campus de Lagoas-Marcosende. b) División por lotes e número: expediente 309/2001 (2 lotes), lote 1: Rectorado da Universidade de Vigo e lote 2: Campus de Lagoas-Marcosende. c) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: o importe total para o expediente 306/2001 é 74.015,40 euros (12.315.126 pesetas), e para o expediente 309/2001, lote 1: 22.237,45 euros (3.700.000 pesetas) e lote 2: 270.455,45 euros (45.000.000 de pesetas).

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Enderezo: r/ Oporto, 1, edificio anexo ó Rectorado-3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Fax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: -entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. -Enderezo: r/ Oporto, 1, planta baixa. -Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses. e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Enderezo: r/ Areal, 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 9 de xaneiro de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo