Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2002 Páx. 640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARDEVÓS

ANUNCIO.

Dando cumprimento ó disposto no artigo 77.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con relación á disposición adicional 3ª, punto 3, exponse ó público polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e nun xornal de gran tirada da provincia de Ourense, o expediente obxecto do trámite de excepción para a posterior instalación dunha estación base de telefonía celular da rede DCS 1800 en torre autosoportada de 30 m, no lugar denominado A Borralleira de Vilardevós, na parroquia de Vilardevós, promovido por Retevisión Móvil, S.A.

Vilardevós, 28 de decembro de 2001.

José Luis Pérez García

Alcalde