Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 982/2000 sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Decido que, estimando a excepción de incompetencia de xurisdicción alegada e desestimando a demanda deducida por Manuel Pavón Blanco contra Ana Jato Nogueira, Marcos Davi Diego Álvarez, Rodolfo Fernández Pazos, Ana Julia Harfuch e a Asociación Protectora de Animales Abandonados, debo absolver e absolvo a parte demandada sen entrar a resolver sobre o fondo do asunto, facéndolle saber que á xurisdicción competente é a xurisdicción civil.
Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65,
entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desasistido de non constituírse este depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a María del Carmen Gómez Martínez, expido e asino esta cédula na Coruña, 19 de decembro de 2001.
A secretaria xudicial
Rubricado