Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2002 Páx. 623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de decembro de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relaciona proposta de liquidación contida en acta de desconformidade (A02), pendente de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Rodríguez Marcote, Alberto-Ismael e outra máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segúndo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse propostas de liquidación contidas en actas de desconformidade (A02), pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e empránzase ós interesado que se sinalan no anexo para ser notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Conselleria de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 56 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección de tributos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaria desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na Praza de América, bloque 1, portal oficinas 2ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 13 de decembro de 2001.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Rodríguez Marcote, Alberto Ismael

DNI: 35996751A

Selene, 12

A Coruña

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Acta 54/2001/00315-0365

Exercicio: 1999

Rodríguez Marcote, María Teresa

DNI: 36007627T

Avda. Gran Vía, 162 - 10º

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Acta 54/2001/00317-0366

Exercicio: 1999