Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2002 Páx. 622

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (135/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 135/2001, por instancia de Antonio Mario Iglesias González, contra a empresa Necso Entrecanales y Cubiertas, S.A. e a empresa Manuel Resua Otero, sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 15-11-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que, estimando a demanda promovida por Antonio Mario Iglesias González, contra a empresa Manuel Resua Otero e a empresa Necso Entrecanales

y Cubiertas, S.A., debo condenar e condeno a demandada empresa Manuel Resua Otero a que lle aboe á demandante a cantidade de 158.263 pesetas por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Absólvese a codemandada Necso Entrecanales y Cubiertas, S.A. de tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Manuel Resua Otero, expido e asino a presente cédula na Coruña o 17 de decembro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado