Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2002 Páx. 622

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (891/2000).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 891/2000, sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que, estimando a demanda interposta por Jesús Cabanas Gómez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a empresa Construcciones Suárez Agra, S.A., debo declarar e declaro que o demandante se encontra na situación constitutiva de invalidez permanente no grao de absoluta para a súa profesión habitual de peón albanel por enfer

midade común, co dereito a pensión vitalicia en contía inicial do 100% da base reguladora de 114.148 pesetas ó mes, 14 veces ó ano, condenando a parte demandada a aboarlla cos aumentos, mellor, revalorizacións e efectos económicos correspondentes.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría

ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desasistido de non constituírse este depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Suárez Agra, S.A., expido e asino esta cédula na Coruña, 17 de decembro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado